Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)
Unha maneira de facer Europa
LALÍN CINTO VERDE

NECESIDADES
Esta líña de actuación actúa de maneira transversal na resolución de problemáticas identificadas no concello de Lalín como:
- A segregación espacial e o risco de exclusión social.
- A interconexión peonil entre diferentes áreas urbanas e periurbanas.
- A discontinuidade nas posibilidades de mobilidade sostible do Paseo do río Pontiñas.
- A discontinuidade na mobilidade peonil entre edificios dotacionais do casco urbano.
OBXEcTIVOS
- Establecemento dun corredor verde que percorra o perímetro do casco urbano en dirección NO-O-S-SE, creando un corredor verde que fará uso de camiños xa existentes ou conexións viarias xa dotadas parcialmente con zonas de paso peonís e/ou carril bici.
- A operación mellorará a interconexión urbana e periurbana usando como eixo o Paseo do río Pontiñas, principal zona verde de Lalín, mediante a habilitación de ata 9 tramos de sendeiros.
- A construcción do Corredor Verde facilitará unha mobilidade multimodal e sostible na área urbana abarcando os puntos neurálxicos da cidade (edificios administrativos, edificios educativos e edificios deportivos).
- A construción de sendeiros ciclistas e peonís estruturados nun Corredor Verde é a condición primordial para promover unha mobilidade saudable para os cidadáns ao tiempo que se evitan desprazamentos innecesarios en coche.
Tramos
Lalín Arena
Conecta o Lalín Arena co Camiño do Muiño e co Camiño da Costa e á súa vez co Paseo do río Pontiñas.
Camiño do Muíño
Conecta o Tramo 1 (acceso dende o Lalín Arena) co Paseo do río Pontiñas.
Camiño da Costa
Conecta o Tramo 1 (acceso dende o Lalín Arena) co tramo do Camiño da Costa.
Filgueiroa
Camiño dende o Paseo do río Pontiñas ata o cruce de acceso co Lugar de Filgueiroa dende Donramiro.
Carballeira da Crespa
Camiño dende o Paseo do río Pontiñas ata o cruce de saída do lugar de Filgueiroa dirección rúa Corredoira.
Monte da Pena
Conecta a zona do auditorio e inicio do Paseo do río Pontiñas coas sendas verdes que enlazan coa parroquia de Goiás.
Rúa do Regueiriño
Conecta o núcleo urbano de Lalín co Paseo do río Pontiñas.
Zona de descanso
Intersección da Carballeira da Crespa con pista municipal.
Camiño entre Avenida Xosé Cuíña e Paseo do río Pontiñas
Camiño dende a avenida Xosé Cuíña ata a área de descanso anexa ao Paseo do río Pontiñas.

RESULTADOS
- Mellora dos problemas de segregación espacial que afectan a diferentes espazos físicos do termo municipal.
- Mellora da interconexión de edificios municipais e administrativos (edificio xudicial, concello, cuartel da Garda Civil), e de edificios de servizos públicos básicos (multiusos deportivo, estadio de fútbol, centros de saúde, tres colexios de educación primaria, dous colexios de educación secundaria e unha gardería infantil): todos eles quedarían a menos de 100 metros do cinturón verde.
- Fomento da mobilidade sostible (peonil e en bicicleta) no perímetro do caso urbano do municipio.
- Contribución á redución da pegada de carbono nos tránsitos urbanos.
Datos
690.000 €
552.000 €
138.000 €
Novas

O CONCELLO CONTRATA A REDACCIÓN DA EXECUCIÓN DA ROLDA LESTE, UN NOVO TRAMO DO ‘CINTO VERDE’ QUE RODEA LALÍN
O concello de Lalín, no marco da Estratexia EDUSI Lalín SSUMA 21, vén de adxudicar a redacción do proxecto de execución, dirección facultativa e coordinación da seguridade do tramo T9-Rolda Leste do ‘Cinto Verde’ de Lalín a Marlene Pérez Sánchez.

O CINTO VERDE DE LALÍN MELLORA A MOBILIDADE SOSTIBLE DOS VECIÑOS GRAZAS Á REHABILITACIÓN DE NOVE TRAMOS VERDES DA CONTORNA DO CENTRO URBANO
As actuacións xa rematadas distribúense en nove tramos: Lalín Arena e Camiño do Muíño, Camiño da Costa, Filgueiroa, Carballeira...

O CONCELLO DE LALÍN REMATA VARIOS TRAMOS DO ‘CINTO VERDE’ QUE PERCORRERÁ O CASCO URBANO E CONECTARÁ OS SEUS PRINCIPAIS CENTROS NEURÁLXICOS
Xa están acondicionados un total de quince tramos da Senda Peonil Verde e Segura na Carballeira do Rodo e do ‘Lalín Cinto Verde’.

O CONCELLO PROLONGARÁ O PASEO DO PONTIÑAS NO MARCO DO CINTO VERDE PROXECTADO DENTRO DA ESTRATEXIA LALÍN SSUMA21
O Concello mantén aberto o proceso para a contratación externa da redacción do anteproxecto para a definición do Cinto Verde de Lalín, unha das iniciativas incluídas dentro da estratexia DUSI Lalín SSUMA21.